Arpa Sylvestris

Arpa Sylvestris Medren as fragas, canten as arpas!

15/05/2026

O sábado 16 de maio ás 20:00 chega A Estrela Mostrada de Pablo Sanmamed ao Teatro Colón da Coruña dentro da programación do MaioJazz organizado por Cultura da Deputación da Coruña. As entradas están dispoñíbeis en: http://www.teatrocolon.es/evento/maiojazz-pablo-sanmamed-estrela-mostrada/

O concerto propón unha viaxe sonora que transita entre diferentes épocas e estéticas, na que o pasado se activa como materia viva no presente. A través dunha aproximación aberta e emocional, A estrela mostrada afonda nas posibilidades expresivas da música antiga desde unha perspectiva contemporánea.

O sexteto liderado por Sanmamed ao contrabaixo integra voces e instrumentos que transcenden fronteiras: a salterista Begoña Olavide, a cantante Elena Tarrats, o violagambista Xurxo Varela, o pianista Iago Mourinho e o percusionista Chus Pazos. Xuntos crean un universo sonoro singular, inmersivo e poético, no que a improvisación e a memoria dialogan coa precisión da palabra e a beleza das melodías antigas. Esta nova estrela marca un fito na traxectoria de Pablo Sanmamed: unha proposta artística que reinterpreta a nosa tradición desde o presente, abrindo un espazo onde o medieval, o jazz e o emocional conflúen para crear unha experiencia sonora única e luminosa. O concerto contará cunha intervención extraordinaria da poeta Alba Cid, quen, ademais de crear textos expresamente para o vinilo, participará en directo recitando xunto á banda.

Foto da capa do disco: Eutropio Rodríguez

Co apoio de Cultura de Galicia e a Axencia Galega das Industrias Culturais

30/04/2026

Segunda cita no Campo de Fóra do ciclo de primavera de 2026 o xoves 30 abril ás 19.30 h no CSC do Ensanche de Centros Socioculturais Santiago de Compostela con Begoña Olavide e Carlos Paniagua nun concerto didáctico: O renacer dos salterios medievais para todos os públicos.
Percorrido histórico sobre un notable instrumento musical desaparecido, esquecido polo transcorrer do tempo e ausente en museos e coleccións. A importancia do salterio durante toda a Idade Media queda confirmada pola cantidade de representacións en esculturas, pinturas e miniaturas de códices en toda Europa que chegaron ata nós, especialmente polo Camiño de Santiago.
Co apoio de Compostela Cultura e Cultura da Deputación da Coruña

30/04/2026

No marco do ciclo Fiestra Aberta, Pablo Sanmamed presenta 'A estrela mostrada', unha viaxe sonora entre o medieval e o contemporáneo.
Completan a banda Begoña Olavide, Elena Tarrats, Xurxo Varela, Iago Mourinho e Chus Pazos.
E haberá sorpresas!

📆 Domingo, 3 de maio
🕛 20.30 h
📍 Teatro Principal
🎟️ Entradas (12 €, con descontos dispoñibles) en http://compostelacultura.gal

Co apoio da de Cultura de Galicia e a Axencia Galega das Industrias Culturais

Dirección

Santiago De Compostela

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Arpa Sylvestris publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Arpa Sylvestris:

Compartir

Categoría