26/01/2026
Este sábado celebramos un novo obradoiro coas cooperativistas de que habitarán o edificio das Lavandeiras, que cada vez son máis.
Traballamos sobre as tipoloxías de vivenda, contrastando as propostas do proxecto coas necesidades recollidas nunha enquisa previa. Un espazo para escoitar, debater e consensuar cambios que permitan adaptar o edificio ás persoas que o van habitar.
Houbo presentación técnica, traballo en pequenos grupos e posta en común, nun encontro facilitado por e acompañado por nós como equipo técnico.
O proceso avanza con paso firme.
Próxima estación: solicitude de licenza de obras.