24/11/2025
Dende Arquitectura Sen Fronteiras vos invitamos a participar na formación para o profesorado CARTOGRAFÍAS SOCIAIS
📆 3 e 4 de decembro de 2025
🕒 16:00 a 20:00
📌 CFR de Vigo
🧮 Matrícula de balde
No marco do proxecto DEREITO AO HÁBITAT RURAL, a desenvolver da man de 15 centros educativos do rural galego, búscase dar valor aos territorios rurais e mellorar as condicións de vida e aprendizaxe das súas comunidades. O obxectivo é traballar colaborativamente co profesorado e co alumnado para comprender mellor o lugar onde vivimos, fomentando o coidado do territorio, a igualdade, a cooperación e o respecto polo medio ambiente.
A formación CARTOGRAFÍAS SOCIAIS englóbase na liña de traballo enfocada en proporcionar ao profesorado recursos, materiais e ferramentas que permitan adaptar e contextualizar o currículo educativo ás condicións específicas do hábitat rural local. Trátase dunha formación teórica e práctica sobre cartografías críticas sociais e mapeo colaborativo.
Obxectivo: Reforzar a competencia dixital docente do profesorado poñendo en valor o uso das cartografías como ferramenta útil e adaptable ás programacións didácticas mediante o uso da aplicación Mapeo Colaborativo. Mostrar exemplos de boas prácticas de Cartografías realizadas en centros educativos e no aḿbito rural galego.
Destinatarias: Todo o profesorado galego, con preferencia dos 15 centros vencellados ao proxecto.
Duración: 10 horas.
Docentes: Alberto Fortes e Lucía García-Cernuda
👉 Preinscríbete xa!
https://forms.gle/eaRosTUHfMGn1mzv6
Ou solicita máis información en
✉️ [email protected]
☎️ +34 676 033 121
¡Agardamos a vosa participación!