28/06/2023
Presentámosvos o cartel da festa deste ano ❗❗
Viñémonos arriba e decidimos organizar festa por dous días. 🤫
O sábado 15 de xullo:
▶️ Charanga Os Celtas, para a sesión vermú. (A do ano pasado)
▶️ Pola tarde, xogos infantís na praia de Area Morta coa Guagua.
▶️ Pola noite, actuación de Virtual Project. ❗🤘🏼
▶️ E un clásico: NUEVO PLAN ❗🤘🏼
O domingo 16 de xullo:
▶️ A clásica alborada a cargo de Retrincos.
▶️ Sesión vermú co Grupo Jaque .
▶️ Procesión marítima, arropada pola agrupación musical Virgen de la Amargura. A recibirán os artistas da rondalla de Ares na praza do Pedregal. A misa será despois debido á pleamar.
▶️ Actuación pola noite do Grupo Jaque.