Asociación Paseniño

Asociación Paseniño ASOCIACIÓN PASENIÑO
Asociación De Personas Con Diversidade E Familias

24/06/2026

💙 Grazas por facer posible unha nova edición de Xogando pola Inclusión 💙

Este pasado domingo celebramos o terceiro ano de Xogando pola Inclusión, unha xornada moi especial que compartimos xunto á Comisión de Festas de San Adrián de Toba.

Desde a Asociación Paseniño queremos agradecer de corazón a todas as persoas asistentes e participantes que se achegaron para g***r desta tarde de convivencia, respecto e diversión. Grazas ás familias, aos nenos e nenas, aos voluntarios e voluntarias, e a todas as persoas que, coa súa presenza e colaboración, contribuíron a crear un espazo inclusivo onde todos e todas tivemos cabida.

Un agradecemento especial á Comisión de Festas de San Adrián de Toba por confiar un ano máis neste proxecto e por seguir apostando por actividades que promoven a inclusión e a participación de toda a comunidade.

Seguiremos traballando para construír entre todos unha sociedade máis accesible, respectuosa e inclusiva.

💙 Moitas grazas e ata o próximo ano!

Convivencia DiversiónParaTodos GaliciaInclusiva GrazasPorParticipar

19/06/2026

Ensinámosvos un cachiño do conseguido…

Pero detrás destas imaxes hai moitas horas de traballo, ilusión e compromiso.

Grazas de corazón a todas as persoas que colaborastes, que fixestes unha doazón ou que traballastes de forma altruísta para facelo posible.

Este logro é de todos e todas. 💙

Pronto, mais

💙 XOGANDO POLA INCLUSIÓN 💙📅 Domingo, 21 de xuño🕟 A partir das 16:30 hUnha tarde pensada para que todas as persoas poidan...
14/06/2026

💙 XOGANDO POLA INCLUSIÓN 💙

📅 Domingo, 21 de xuño
🕟 A partir das 16:30 h

Unha tarde pensada para que todas as persoas poidan g***r, compartir e divertirse nun ambiente tranquilo e sen ruído.

🐴 Cabalos do Club Hípico Costa da Morte
🎯 Xogos populares
🏰 Inchables
🎨 Pintacaras
✨ E moitas máis actividades

Porque a inclusión constrúese xogando, convivindo e creando espazos onde todas as persoas teñan o seu lugar.

🤝 Colabora: Asociación Paseniño

💙 Grazas á Comisión de Festas de San Adrián por facer posible, un ano máis, esta xornada tan especial.

DiversiónParaTodos Convivencia Accesibilidade FestasSanAdrián GaliciaInclusiva

🌞 Volve o Campamento Cultural Inclusivo de Paseniño! 💙Un ano máis, desde a Asociación Paseniño poñemos en marcha o noso ...
12/06/2026

🌞 Volve o Campamento Cultural Inclusivo de Paseniño! 💙

Un ano máis, desde a Asociación Paseniño poñemos en marcha o noso campamento de verán, cheo de actividades, diversión, aprendizaxes e experiencias compartidas.

Teremos obradoiros artesanais e lúdicos, piscina, deporte, música, baile, lectura, xogo libre e saídas especiais, nun ambiente inclusivo e adaptado.

👉 Dirixido a nenos, nenas e adolescentes a partir de 6 anos, con e sen diversidade funcional.

Un espazo para g***r do verán, facer amizades, compartir e construír inclusión entre todas e todos.

📍 En Cee
⭐ Prazas limitadas
📅 Prazo de inscrición: ata o 23 de xuño de 2026

📝 Inscrición aquí:
https://forms.gle/Tqvhev3fpExhoGqo8

Anótate xa e vive un verán cheo de actividades e diversión con Paseniño! 💙

💙 Buscamos voluntarios e voluntarias para o Campamento Inclusivo de Verán de Paseniño!Se che gusta compartir, coñecer xe...
09/06/2026

💙 Buscamos voluntarios e voluntarias para o Campamento Inclusivo de Verán de Paseniño!

Se che gusta compartir, coñecer xente nova e formar parte dun proxecto cheo de vida, esta pode ser a túa oportunidade! 🙌

👫 Traballamos con nenos, nenas e adolescentes con e sen diversidade funcional, promovendo a inclusión a través do xogo, a arte, o deporte e a convivencia.

🎨 Non fai falta ter experiencia previa: só ganas de participar, acompañar, compartir e apostar pola inclusión.

💬 As persoas voluntarias acompañan, xogan, escoitan e axudan a construír espazos de encontro dende o afecto, o respecto e a convivencia.

📍 Actividades en Cee durante xullo e agosto, con posibilidade de participar por días ou semanas.

📲 Para apuntarte ou pedir máis información, mándanos un WhatsApp ao 604 047 582.

Graciñas de novo polo interese en formar parte desta aventura!!

🌸 CoideCee: ciclo de conferencias sobre saúde e benestar das mulleres 🌸O Concello de Cee, a través do CIM, pon en marcha...
08/06/2026

🌸 CoideCee: ciclo de conferencias sobre saúde e benestar das mulleres 🌸

O Concello de Cee, a través do CIM, pon en marcha “CoideCee”, un ciclo de conferencias destinado a promover a saúde, o benestar e o coidado integral das mulleres.

📅 Datas: 8, 17 e 22 de xuño
🕔 Hora: 17:00 h
📍 Lugar: Sala de Conferencias da Casa da Cultura (3º andar)

Ao longo destas xornadas abordaranse temas de grande interese como a menopausia, a alimentación saudable e a realidade das mulleres con discapacidade, da man de profesionais especializadas.

Un espazo para informarse, compartir experiencias e reflexionar xuntas sobre a saúde das mulleres.

💜 Agardámosvos!

💙💪🏻💙
05/06/2026

💙💪🏻💙

Grazas 💙💙💙
28/05/2026

Grazas 💙💙💙

La entidad dispone de un nuevo local en Cee, donde desarrolla un amplio programa de actividades

💙💙💙
28/05/2026

💙💙💙

Segue a Asociación Paseniño afianzando o seu papel como entidade de referencia na Costa da Morte no apoio á infancia e a adolescencia con diversidade func

Dirección

Cee

Horario de Apertura

10:30 - 12:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Asociación Paseniño publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Asociación Paseniño:

Compartir