17/11/2026
🚨 AVISO IMPORTANTE Á VECIÑANZA E AOS COMERCIOS DE BURELA
O Concello alerta dun intento de estafa a través de chamadas telefónicas nas que persoas se fan pasar por persoal municipal para solicitar pagamentos.
⚠️ Se recibides unha chamada deste tipo:
▪️ Non fagades ningún pagamento nin transferencia.
▪️ Non facilitedes datos persoais ou bancarios.
▪️ Ante calquera dúbida, contactade directamente co Concello a través dos seus teléfonos oficiais.
Por favor intenten gravar a chamada para poder denunciar desde o Concello 🙏
📞 Se xa realizastes algún pagamento ou facilitastes datos bancarios, avisade canto antes á vosa entidade bancaria e ás forzas de seguridade.
📢 Compartide este aviso para axudar a previr novas estafas e protexer a veciñanza e os comercios de Burela.