23/12/2025
Como cada ano nestas datas chega o momento da reflexión agradecendo cada encontro, cada aprendizaxe compartida e cada proxecto que nos conectou coa Educación, Arquitectura e Natureza 🌱🏡
En TREES_Ecosistemas seguimos crendo en espazos que educan, paisaxes que coidan e que coidamos e comunidades que medran escoitando á infancia e á adolescencia. Arquitectura, Educación e Territorio como ferramentas para construír futuros máis xustos e sostibles.
Grazas por camiñar connosco.
Bo Nadal e Feliz Aninovo ✨