20/10/2022
Onte presentamos no Concello de Lalín o proxecto do novo Centro Sociocultural da Rúa Manuel Rivero.
Na formalización do proxecto buscouse:
- xerar un espazo porticado, aberto e elevado do chan, para mellorar as relacións co entorno urbano, permitir a protección da choiva e dignificar as condicións de acceso ó propio centro;
- definir dous espazos de entrada con trazos quebradas e transparentes na búsqueda do dinamismo, a apertura e unha fluidez de movemento necesaria baixo ese espazo cuberto;
- aglutinar unha serie de usos (ludoteca, sala audiovisual, salas para reunións de asociacións e colectivos, espazos de formación.. etc) que permiten combinacións espaciais dinámicas a través do emprego de tabiquería móvil e sistemas corredeiros, de xeito que estos poidan adaptarse a múltiples requerimentos e esixencias funcionais.
O resultado podedes velo neste neste pequeno video co ANTES e o DESPOIS,
Agardamos que vos guste, 😉