27/01/2026
Vives en Galicia e estás pensando en cambiar o teu coche? Desde hoxe podes beneficiarte das novas axudas da Xunta para mercar un vehículo máis eficiente. Contámoscho todo! 👇
💰 Ata 4.000 € de axuda: Recibe o desconto directo na factura. Se sodes familia numerosa 👨👩👧👦 a axuda aumenta un 20 %.
👥 Poden solicitala particulares, autónomos e empresas con residencia ou sede en Galicia.
📋 Requisitos principais: Entregar un coche antigo para achatarramento e que o novo non supere os límites de prezo e emisións.
📅 Solicita desde o 22 de xaneiro ás 9:00 h.
⚠️ OLLO! As axudas concédense por orde de entrada, así que se te interesa... non o penses moito!
📍 Como pedila? Acode a un concesionario adherido ao plan, eles encargaranse da tramitación por ti.
🔗 Máis info en: www.inega.gal