07/06/2026
As Adegas da Torre de Vilamirón
Ao final deste lugar nas alturas dos montes de Sampaio atopamos dúas adegas monumentais. Segundo contounos Fernando, veciño da aldea, eran dúas adegas que cada unha delas facía sobre 1000 litros de viño cada ano.
As contruccións están excavadas na pedra para aproveitar a frescura que da ao estar baixo terra.
Nesta zona de Pantón a ribeira onde tiñan as viñas estaba en Bazal ou en Pombeiro.
É un espazo moi moi fermoso con 5 carballos de grandes dimensións que dan sombra a todo o entorno.