Villa Regina cultura de aldea

Villa Regina cultura de aldea Ofrecemos unha variedade de actividades para que podas mergullarte no rural, visítanos!

11/03/2026

Aínda non podemos abrir as portas…pero aquí cada quen vai ao seu aire 🐐🌾

“Nadie me maneja a mí…” (iso parece que o teñen bastante claro 😅)

Seguimos coidando desta gran familia como se poida,
paseniño e con moito agarimo

Imos camiño da primavera

Grazas por seguir aí 💛

19/02/2026

Villaregina está pechada ao público…
pero a vida aquí segue.

E hai tensión.

Cleopatra xa tomou posición no alto da palla. 👑
Pepiña non está disposta a aceptalo.

Comeza o intento de ascenso.
Empurrón.
Miradas.
E loita polo trono.

Turrón…
como sempre, facendo de testemuña neutral.

En Villaregina, mesmo coas portas pechadas,
a vida non se detén.

Seguiremos informando. 🐑🐴


21/01/2026
17/12/2025

Galos: escapados.

Baño: ocupado.

Regina: nada contenta 😤🐓😂

O día a día en Vila Regina 😑😂😅

12/12/2025

Grazas pola reportaxe!

É unha maravilla escoitar a Regina leer estés incríbles poemas!


30/11/2025
Gracias pola reportaxe ❤️
30/11/2025

Gracias pola reportaxe ❤️

Regina Muñiz Gerpe é un exemplo de muller emprendedora, dinamizadora cultural, amante do mundo rural e da nosa lingua. Deulle vida a unha casa rural familiar

30/11/2025

🌲 Nadal en Vila Regina: o plan para quen di “a Vigo? Non me líes…” 🌲

En decembro hai quen vai a Vigo ver as luces… e quen prefire un plan máis auténtico, tranquilo e con cheiro a aldea

En Vila Regina, as visitas de Nadal inclúen:
🐑 un chisquiño de animais
🌾 un pouco de horta e vida de aldea
🌲 un obradoiro navideño con cousas da natureza
🔥 e uns contos a carón da Lareira, que sempre sentan ben nestas datas

Un planazo navideño para familias, parellas, amigos… ou para quen simplemente queira vivir algo diferente, sen colas, sen tráfico e sen estrés

👉 Apúntaste a un Nadal máis auténtico? Escríbenos e reservamos a túa visita 🎄

15/11/2025

Nun escenario natural único, varias voces de poetas locais encheron o labirinto de millo e nosa casa de aldea coas súas verbas, conectando poesía e natureza dun xeito inesquecible.

En breve en Villaregina faremos outra tarde ao caròn da lareira con novos poemas e voces máxicas.

09/11/2025
06/11/2025

Última colleita do millo 🌽🐄

🌾 Regi hoxe explícanos que todo ten o seu tempo. Esta semana rematamos a última colleita do millo do ano, un traballo feito con paciencia, cariño e moita dedicación.

🌽 Recollemos diferentes variedades de millo para garantir unha alimentación equilibrada e natural para os nosos animais. Cada gran, cada espiga, é o resultado do coidado da terra e do respecto polo ciclo da natureza.

📍Visítanos!


Dirección

A Castiñeira, Bazar
Santa Comba
15847

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Villa Regina cultura de aldea publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Villa Regina cultura de aldea:

Compartir