09/11/2024
PREMIOS PRÓXIMOS
OBRA PREMIADA
2 vivendas pareadas en A Muiña. Santiago
arquitectos
/fotografias
El jurado destaca que "O deseño destaca polo seu enxeño no acceso e as conexións entre plantas, logrando unha distribución clara e lóxica. A depresión do acceso respecto á rúa crea unha transición entre espazo público e privado, mellorando a experiencia espacial e achegando intimidade. A integración de bloques de pedra, que a vexetación coloniza, permite que a arquitectura xere a súa propia paisaxe. Ademais, o programa está resolto con habilidade, salientando os espazos intermedios e unha distribución intelixente, o cal reflicte tanto o oficio arquitectónico como a intuición e confianza dos promotores.