Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia

Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia Esta organización busca poñer de manifesto o interés público da arquitectura e divulgar os seus beneficios, fortalecendo o exercicio profesional.

18/06/2026

Quentando motores para os últimos días antes de que Barcelona se convirta na sede do Congreso Mundial da Unión Internacional de Arquitectos y Arquitectas . Do 28 ao 2 de xullo Barcelona acollerá un evento que congregará a un plantel internacional de profesionais que abordan a práctica arquitectónica dende múltiples perspectivas. Será un lugar de encontro, debate e aprendizaxe colectiva para seguir pensando a nosa disciplina e o entorno construido.

Todavía é posible conseguir o teu pase neste enlace. https://uia2026bcn.org/es/consigue-tu-entrada/

As oficinas centrais de Finsa, do estudo navarro MRM Arquitectos foi outra das obras premiadas nesta edición dos Premios...
17/06/2026

As oficinas centrais de Finsa, do estudo navarro MRM Arquitectos foi outra das obras premiadas nesta edición dos Premios Próximos organizada pola Delegación de Compostela .

A obra materializa a posibilidade de recuperar e transformar un complexo industrial desde o ámbito disciplinar da arquitectura, recorrendo á estrutura e á construción como claves formativas e determinantes do proxecto. O uso e a experimentación da madeira esténdese á creación dun ambiente espacial confortable e comprometido co medio e o usuario.

No marco do ProxectoTERRA, o alumnado do CEIP de Cervo (Cervo) e do CEIP Rosalía de Castro (Lugo) participou nunha visit...
16/06/2026

No marco do ProxectoTERRA, o alumnado do CEIP de Cervo (Cervo) e do CEIP Rosalía de Castro (Lugo) participou nunha visita guiada a Ferrol para descubrir a cidade a través da súa arquitectura, da súa historia e da súa relación co mar.

Ao longo da xornada visitaron o barrio da Magdalena e o Ferrol Vello, coñecendo a evolución urbana da cidade e a importancia da construción naval en Ferrol coa visita á Exposición Nacional da Construción Naval. A actividade continuou en Mugardos, onde visitaron o Centro de Interpretación de Caldoval, un xacemento que permite coñecer a pegada da antiga ocupación romana na ría e achegarse á vida cotiá da época. Posteriormente realizaron unha travesía en barco pola ría ata o porto exterior e o castelo de San Felipe, descubrindo o patrimonio militar e á paisaxe marítima da contorna.

Unha experiencia para aprender a interpretar o territorio, comprender a evolución das cidades e descubrir a relación entre patrimonio, arquitectura e paisaxe.

ProxectoTerra é unha iniciativa do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia que conta co apoio da Xunta de Galicia a través da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas e dá Consellería de Educación, Ciencia, Universidade e Formación Profesional, alén da Axencia de Protección dá Legalidade Urbanística.

O COAG celebra a aprobación da proposición de lei para a reforma da “Ley General de la Seguridad Social” en relación coa...
14/06/2026

O COAG celebra a aprobación da proposición de lei para a reforma da “Ley General de la Seguridad Social” en relación coas mutualidades alternativas.
O fito máis destacado da sesión parlamentaria foi a aprobación da emenda 47 que introduce melloras cruciais que modifican substancialmente o proxecto inicial e responden a gran parte das reclamacións históricas do noso colectivo: Inclusión dos profesionais xa xubilados; Eliminación dos vetos que deixaban fora aos mutalistas con máis de 15 anos cotizados no sistema público; Exención fiscal das transferencias.
Esta ampliación do acceso á pasarela cumpre cunha das demandas máis recorrentes do CSCAE e do propio COAG: avanzar cara a un modelo que fose verdadeiramente universal e xusto.
Malia o éxito que supón a aprobación deste texto no Congreso, mantemos a cautela pois o proxecto aínda non é definitivo. Para converterse en lei e entrar en vigor, debe completar o seu percorrido polas Cortes Generales, Senado e volta ao Congreso, e logo da súa publicación no BOE disporá dun prazo de 3 meses para formular un Regulamento que concrete o procedemento e as condicións exactas para transferir os fondos económicos ao RETA.
Desde o COAG apoiamos estas reivindicacións desde o primeiro momento, participando activamente nos debates para trasladar coa máxima firmeza a realidade e as demandas maioritarias dos colexiados e colexiadas de Galicia. O CSCAE xa confirmou que continuará mantendo reunións ao máis alto nivel para asegurar que a pasarela final sexa voluntaria, universal e xusta. Seguiremos informando polo miúdo de cada paso que se dea neste proceso.
Podes atopar máis información e comunicados oficiais do seguimento na páxina web: www.cscae.com

Este sábado entregáronse os Premios Próximos. O pazo do Martelo (Rianxo) deseñado por Sandra González Álvarez, recibiu u...
11/06/2026

Este sábado entregáronse os Premios Próximos. O pazo do Martelo (Rianxo) deseñado por Sandra González Álvarez, recibiu un dos galardóns.

A intervención destaca pola complexidade técnica de reverter actuacións incompatibles realizadas sobre un inmoble BIC, recuperando a lóxica construtiva orixinal dende criterios de sustentabilidade e circularidade. Valórase especialmente a sobriedade material do proxecto e o protagonismo da madeira na construción dunha atmosfera interior cálida e contemporánea, resolvendo con sensibilidade a adaptación do pazo a un novo uso público e cultural.

A oferta formativa do colexio non para tampouco ás portas da chegada do verán. Os   tráennos casos de éxito de Cierto Es...
10/06/2026

A oferta formativa do colexio non para tampouco ás portas da chegada do verán. Os tráennos casos de éxito de Cierto Estudo e VIER arquitectos en materia de xénero e prefabricación. Os cursos de intelixencia artificial e BIM amplían as utilidades das novas tecnoloxías e a Escola de Opositores segue o seu camiño con sesións en liña e nas sedes da Coruña e Vigo.

O polo de AMTEGA no Gaiás, unha intervención precisa dentro do complexo cultural da Cidade de Cultura, foi obra de .arqu...
08/06/2026

O polo de AMTEGA no Gaiás, unha intervención precisa dentro do complexo cultural da Cidade de Cultura, foi obra de .arquitectos , obra premiada nos Premios Próximos organizados pola delegación de Compostela Arquitectos de Santiago .

O xurado destacou que proxectar na Cidade da Cultura esixe medir a distancia a interpoñer entre os edificios construídos e o proposto. O dinamismo requirido, propio destes centros que pretenden fomentar a actividade empresarial, está resolto con asépticos espazos que, sendo desmontables, permiten con facilidade acoutar o traballo para compartir ou reservar.

05/06/2026

Hoxe coñecemos a Eduardo Alonso Lois novo Coordinador Xeral Tecnico do COAG.

A Xunta de Goberno do COAG, na súa reunión de maio, aprobou a designación de Eduardo Alonso Lois como novo Coordinador Xeral Técnico do Colexio, co obxectivo de seguir mellorando o soporte ao noso colectivo.
Como Coordinador Xeral será o responsable de conectar e aliñar o traballo das áreas técnicas e os servizos das delegacións. Ademáis encargarase de supervisar e impulsar as iniciativas estratéxicas e diferentes plans de acción fixados pola Xunta de Goberno.
Deste xeito contribuirase á mellora dos procesos internos co fin e ofrecer unha resposta máis áxil e eficiente ás necesidades de todos os colexiados e colexiadas, o que suporá un paso adiante na modernización e na mellora da estrutura organizativa do COAG.

Xa está aberta a convocatoria da XIV Bienal Iberoamericana de Arquitectura e Urbanismo ata o 2 de xullo. En torno a catr...
03/06/2026

Xa está aberta a convocatoria da XIV Bienal Iberoamericana de Arquitectura e Urbanismo ata o 2 de xullo.

En torno a catro eixos fundamentais articúlase a bienal como un espazo de reflexión crítica sobre as transformacións contemporáneas do territorio. Catro serán os eixos temáticos: auga, vexetación, comunidades e vivenda.

Baixo o lema "Cuidar la vida" os comisarios fan unha chamada por recuperar o peso da lusofonía dentro contexto iberoamericano, con representación galega no equipo de comisariado formado por Carlos Quintáns .quintans , o portugués Nuno Sampaio .sampaio74 , e os brasileiros Fernando Serapiao , Matheus Seco Ferreira, Daniel Mangabeira da Vinha e Luciana Saboia .

Dirección

Santiago De Compostela

Horario de Apertura

Lunes 10:00 - 14:00
Martes 10:00 - 14:00
Miércoles 10:00 - 14:00
Jueves 10:00 - 14:00
Viernes 10:00 - 14:00

Teléfono

981552400

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia:

Compartir