01/04/2026
( GAL) Pechamos o primeiro trimestre entregando un pequeno universo canino no rural, deseñado para integrarse na escala da contorna e garantir condicións óptimas para os seus habitantes de catro patas.
O proxecto articúlase en volumes mínimos, dispersos coma unha aldea tradicional, apoiados sobre forxado sanitario para asegurar a separación do solo húmido e mellorar o comportamento higrotérmico. A estrutura resólvese en CLT de piñeiro de Galicia, apostando por material local, baixa pegada ambiental e precisión industrializada.
No interior, incorpóranse acabados lisos e continuos que facilitan a limpeza e a hixiene, xunto con espazos específicos para servizos, atención e benestar animal, configurando un conxunto funcional, eficiente e adaptado ao uso dos cans e os seus coidadores.
( ENG) We close the first quarter by delivering a small canine universe in a rural setting, designed to integrate with the scale of its surroundings and ensure optimal conditions for its four‑legged inhabitants.
The project is organized into minimal volumes, dispersed like a traditional village and supported on a ventilated crawl space to guarantee separation from ground moisture and improve hygrothermal performance. The structure is built in Galician pine CLT, prioritizing local materials, a low environmental footprint, and industrialized precision.
Inside, smooth and continuous finishes are incorporated to facilitate cleaning and hygiene, along with dedicated spaces for services, care, and animal well‑being, resulting in a functional, efficient ensemble adapted to the needs of the dogs and their caregivers.
Equipo: .studio
A por el siguiente trimestre !