Suministros Lar

Llamar Cómo llegar Página web Contactar con la empresa

Suministros Lar Empresa con máis de 70 anos especializada en bricolaxe, reformas e materiais de construción en Cee, Costa da Morte.

Todo para baños, cociñas, decoración, exterior e mellora do fogar.

04/11/2026

TEMOS NOVIDADES Á VISTA 👀

Seguimos ampliando a nosa exposición porque moi pronto chegarán novos acabados e novas cores, tanto en placas decorativas como en pavimentos SPC.

Estamos preparando novos espazos para que poidades coñecer de primeira man máis opcións, combinacións e solucións para os vosos proxectos.

Sempre buscando novas posibilidades para ofrecerche materiais diferentes e axudarche a conseguir ese acabado que tes na cabeza.

Aínda estamos colocando todo, pero xa queda moi pouco! En breve contarémosvos máis 😉

👉 Que non hai no Lar?

CostaDaMorte

03/11/2026

AS COCIÑAS BILBAÍNAS: TRADICIÓN, CALOR E FUNCIONALIDADE 🔥

En Suministros Lar xa estamos preparados para o frío e as nosas cociñas bilbaínas estánche esperando!

Unha solución que combina tres funcións nun mesmo equipamento: quentar a estancia, cociñar e utilizar o forno. Todo o que necesitas para recuperar ese ambiente acolledor e tradicional dos fogares de sempre.

Ademais, contamos con modelos calefactores que permiten aproveitar a calor para quentar toda a vivenda, conectándoos aos radiadores ou ao chan radiante.

Diferentes modelos e acabados para escoller o que mellor se adapta ao teu fogar.

Ven coñecelos na nosa exposición e prepara a túa casa para o inverno.

📍 Suministros Lar · Cee · Costa da Morte
👉 Que non hai no Lar?

31/10/2026

DALE UN TOQUE DIFERENTE AO TEU ESPAZO COA NOSA PALILLERÍA 🪵

Se queres levar a decoración do teu proxecto un paso máis alá, a nosa palillería acústica é unha opción que combina deseño e funcionalidade.

Dispoñible en acabados de madeira e SPC, permite crear paredes con personalidade, achegando textura e calidez a calquera estancia.

E se queres destacar aínda máis o resultado, podes combinala con iluminación LED perfectamente integrable, creando ambientes únicos e resaltando cada detalle.

Ideal para salóns, dormitorios, oficinas, recepcións e locais comerciais.

Ven coñecer os modelos e acabados na nosa exposición e descubre todas as posibilidades.

📍 Suministros Lar · Cee · Costa da Morte
👉 Que non hai no Lar?

ABRES UN NEGOCIO OU QUERES RENOVAR O QUE XA TES? ✨Se estás preparando a apertura dun novo negocio ou queres actualizar a...
30/10/2026

ABRES UN NEGOCIO OU QUERES RENOVAR O QUE XA TES? ✨

Se estás preparando a apertura dun novo negocio ou queres actualizar a imaxe do teu local, en Suministros Lar temos solucións para transformar o espazo sen meterte en grandes obras.

A nosa palillería, os paneis decorativos e os pavimentos vinílicos SPC permiten conseguir ambientes modernos, coidados e cunha estética moi actual, cunha instalación rápida e sinxela.

Ideais para cafeterías, restaurantes, hoteis, tendas, oficinas, clínicas e todo tipo de locais comerciais.

Porque sabemos que cando tes un negocio, o tempo conta. Por iso, axudámoste a escoller os materiais e acabados para que poidas renovar o teu espazo e poñelo a punto canto antes.

📍 Ven coñecer todas as opcións á exposición de Suministros Lar, en Cee.

👉 Que non hai no Lar?

29/10/2026

EN SUMINISTROS LAR TES TODO PARA A TÚA REFORMA 🏡

Xa nos coñeces polas nosas placas decorativas, palillería e pavimentos SPC, pero Suministros Lar somos moito máis!

Nas nosas instalacións en Cee atoparás todo o que necesitas para renovar a túa vivenda ou negocio, desde unha reforma do baño ou da cociña ata un cambio completo de imaxe.

Pavimentos, revestimentos, mobles de baño, pratos de ducha, mamparas, griferías e accesorios… Todo para que poidas escoller os materiais e acabados que mellor se adapten ao teu proxecto.

E, por suposto, contarás co asesoramento do noso equipo para resolver dúbidas, coñecer novos materiais e atopar as solucións máis axeitadas para a túa reforma.

Ven visitarnos e descubre todo o que podemos ofrecerche.

👉 Que non hai no Lar?

27/10/2026

NOVA PROMOCIÓN EN SUMINISTROS LAR 🔥

Temos unha oferta especial ata fin de existencias 👀

A nosa placa decorativa SPC Layan Satinada, nun formato de 260 × 60 cm e 4 mm de espesor, agora por só 46,60 € a peza.

Unha oportunidade para renovar paredes e darlle un acabado moderno á túa vivenda ou negocio.

⚠️ Promoción válida ata fin de existencias. Non o deixes para o último momento!

📍 Suministros Lar · Cee · Costa da Morte
👉 Que non hai no Lar?

26/10/2026

EN SUMINISTROS LAR XA ESTAMOS PREPARADOS PARA O FRÍO 🔥

Coa chegada do inverno, é o momento de preparar o fogar para os días máis fríos. E nós xa temos as nosas estufas acendidas para mostrarche todo o que podes atopar na nosa exposición.

Traballamos cunha ampla variedade de solucións de biomasa: estufas de pellets, caldeiras, insertables de leña, cociñas económicas, bilbaínas, cassettes e estufas de fundición e chapa de aceiro.

Tradición e diferentes opcións de calefacción para adaptarse ás necesidades de cada vivenda.

Pásate por Suministros Lar, coñece os modelos dispoñibles e consulta co noso equipo cal é a mellor opción para o teu fogar.

📍 Suministros Lar · Cee · Costa da Morte
👉 Que non hai no Lar?

24/10/2026

CAMBIA O CHAN SEN GRANDES OBRAS 🏡

Tes que renovar o chan da túa casa ou do teu negocio? En Suministros Lar temos unha solución que paga a pena coñecer: os nosos pavimentos vinílicos SPC de última xeración.

Son hidrófugos, resistentes e cun tacto agradable ao pisar. Ademais, contan cun núcleo ríxido composto por carga mineral e resinas, que lles proporciona estabilidade e resistencia para o uso diario.

A súa instalación é rápida e sinxela grazas ao sistema de clic, e en moitos casos poden colocarse directamente sobre o pavimento existente, sempre que a superficie cumpra os requisitos de instalación. Así podes renovar o espazo reducindo as obras e os entullos.

Temos diferentes acabados en madeira, pedra e microcemento, para que elixas o estilo que mellor encaixa coa túa vivenda ou negocio.

📍 Ven coñecer os modelos e acabados á exposición de Suministros Lar, en Cee.

👉 Que non hai no Lar?

22/10/2026

DESEÑA O TEU BAÑO AO TEU GUSTO 🚿

Despois de escoller as placas decorativas ou a cerámica, chega o momento de completar o deseño do teu baño.

En Suministros Lar temos mobles de baño de diferentes medidas e acabados, pratos de ducha extraplanos, mamparas e griferías para que poidas combinar cada elemento e conseguir o resultado que buscas.

Prefires os grifos negros, cromados ou en acabado bronce? Temos diferentes opcións para adaptarnos ao estilo do teu baño.

E tamén pensamos na comodidade e na accesibilidade. Contamos con solucións para persoas maiores ou con mobilidade reducida, como pratos de ducha adaptados, inodoros de altura especial e accesorios de apoio e suxeición para un uso máis seguro.

Ven coñecer a nosa exposición e descubre todas as posibilidades para crear un baño práctico, cómodo e ao teu gusto.

📍 Suministros Lar · Cee · Costa da Morte
👉 Que non hai no Lar?

RENOVA O TEU BAÑO SEN GRANDES OBRAS 🚿Queres darlle un aire novo ao baño da túa vivenda ou renovar os baños do teu negoci...
20/10/2026

RENOVA O TEU BAÑO SEN GRANDES OBRAS 🚿

Queres darlle un aire novo ao baño da túa vivenda ou renovar os baños do teu negocio? En Suministros Lar temos solucións para conseguir un acabado moderno sen necesidade de meterte nunha reforma convencional.

As nosas placas decorativas e alistonados permiten transformar as paredes con diferentes deseños, cores e texturas. Ademais, combinados cos solos vinílicos SPC, podes conseguir un cambio de imaxe completo, actual e cunha instalación máis rápida e sinxela.

Unha opción ideal tanto para vivendas como para hoteis, restaurantes, cafeterías ou outros negocios que buscan renovar os seus espazos reducindo os tempos de obra.

📍 Ven coñecer os modelos e acabados á exposición de Suministros Lar, en Cee.

👉 Que non hai no Lar?

Dirección

Lugar De Xallas, 28
Cee
15270

Horario de apertura

Lunes 09:00 - 13:30
15:00 - 20:00
Martes 09:00 - 13:30
15:00 - 20:00
Miércoles 09:00 - 13:30
15:00 - 20:00
Jueves 09:00 - 13:30
15:00 - 20:00
Viernes 09:00 - 13:30
15:00 - 20:00
Sábado 09:00 - 13:30

Teléfono

+34981708802

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Suministros Lar publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Empresa

Enviar un mensaje a Suministros Lar:

Atajos

Compartir

Empresas De Mejoras Para El Hogar cercanos


Otros empresas de mejoras para el hogar en Cee

Ver Todo